RCD / NOVAS

Dous futbolistas de baixa médica de cara ao choque ante Osasuna

22/11/2018 14:57

A día de hoxe, e a falta do adestramento de mañá venres en Abegondo, dous futbolistas están de baixa médica: Pedro Sánchez e Dubarbier.

O primeiro, após realizar varias sesións co grupo, rebaixou a súa carga de traballo debido á persistencia dalgunha molestia no bíceps femoral esquerdo.

O arxentino continúa co seu plan de readaptación física.

Todos os demais xogadores están a disposición de Natxo González para o partido deste sábado 24 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo).

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: