RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous grupos no Dépor para unha mañá de recuperación en Abegondo

Fernando Vázquez dividiu esta mañá ao seu cadro, hoxe tamén co meta fabrilista Alberto, en 2 grupos despois do triunfo onte en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS.

Os titulares ante o conxunto salmantino tiveron recuperación, con carreira continua, ximnasio e fisioterapia. Algúns futbolistas, caso de Keko, Carlos Abad ou Álex, non chegaron a saltar ao céspede.

Para os demais, o adestramento foi de alta intensidade, cun circuíto físico con finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Héctor Hernández continúa co seu plan de readaptación e Diego Rolan está en Uruguai co obxecto de solucionar a documentación imprescindible para competir en España.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo regresará a Abegondo o mércores 21 de outubro ás 10:30 en Abegondo.