RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

É fundamental encher Riazor

Esta é a idea que predomina en todo o persoal deportivista que esta mañá traballou na Magdalena. Tanto o técnico, Javier Irureta, como Diego Tristán e Manuel Pablo coincidiron na transcendencia do encontro e na necesidade do apoio da afección.

Na sesión desta mañá non estiveron nin o catro xogadores que non viaxaron nin Jaime, cunha gastroenterite. Molina traballou á marxe do grupo e Javier Irureta manifestou que haberá que ver como evoluciona "todos sabemos o que nos xogamos pero non son partidario de arriscar se non está en plenas condicións". A Irureta preocúpalle o Rosenborg, pero tamén o Depor "espero que sexamos capaces de atacar de forma continuada".

Manuel Pablo advertiu do perigo do Rosenborg ás contras mentres que Tristán asegurou que é fundamental pedir o apoio da xente para encher Riazor.

O persoal traballará esta tarde, ás 19:00 horas, na Magdalena e volverá facelo este martes, ás 10:45, no mesmo escenario. Tras o adestramento matinal, comida, sesta e viaxe rumbo a Riazor para o decisivo partido ante o Rosenborg (21:30 horas, TVG).