RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Edu Expósito e David Simón visten de branquiazul a tenda de Orange da Coruña

Se convertemos os actos de firmas en barómetros para medir o peso dun futbolista entre os seus afeccionados, o de Edu Expósito, na súa primeira temporada como profesional, crece co paso dos días. Esta tarde púidose comprobar na Tenda Orange da Praza de Pontevedra na Coruña.

O canteirán, ben acompañado por David Simón no seu flanco esquerdo, levou o agarimo dos afeccionados, que comezan a exhibir orgullosos camisetas co seu número e dorsal. Ademais, o número 21 que porta nas súas costas axuda á mística, posto que o luciu un futbolista que marcou unha época en ABANCA-RIAZOR: Juan Carlos Valerón.

Pola súa banda, David Simón, con máis táboas debido á súa maior experiencia na elite do fútbol profesional, tomou as rendas da situación. Así, repartiu entre os asistentes merchandising oficial de LaLiga (bufandas, mochilas...) e chanceou cos máis pequenos: "Esta camisa ten xa varios partidos no parque eh?", comentoulle a un dos nenos que timidamente se achegou coa súa gastada elástica branquiazul.