RCD / NOVAS

Edu Expósito, xogador Estrella Galicia do mes por segunda vez na temporada

13/03/2019 13:50

Edu Expósito conseguiu por segunda vez no que vai de temporada levar o trofeo ao mellor xogador do mes, concretamente o de febreiro que se une ao do pasado decembro que xa ten nas súas vitrinas. O centrocampista catalán do Real Club Deportivo recibiu hoxe ese recoñecemento como Xogador Estrella Galicia a elección os afeccionados do Dépor, após os partidos disputados contra Tenerife, Granada, Nàstic e Málaga.

Con 1.846 votos totais a través de Twitter, Edu levou un 20% máis de apoios que en decembro, sumando esta vez o 80% de votos por diante de Dani Giménez (14%) e Pablo Marí (6%). A terna de finalistas foi elixida os xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo.

Edu Expósito (2) forma xunto a Dani Giménez, Carlos Fernández e Quique González, o cadro de honra dos gañadores deste galardón no que vai de temporada.

María Buján, da Cervecería El Hoyo (Avenida Galicia, 26, Culleredo), como hostaleira do mes, foi a encargada de entregar o premio a Edu que correspondeu aos responsables do local cunha camiseta asinada por todo o equipo.