RCD / NOVAS

Emre Çolak, xogador Estrella Galicia do Dépor 2016-2017

20/05/2017 18:03

O centrocampista turco do Real Club Deportivo Emre Çolak recibiu á súa chegada ao Estadio de Riazor, no día dos seu aniversario, o trofeo ao xogador Estrella Galicia do Dépor na Temporada 2016-2017.

O internacional otomán recibe este galardón ao acumular o maior número de trofeos esta temporada con 3 (setembro, outubro e xaneiro) por diante de Florin Andone (novembro e decembro), Germán Lux (febreiro), Álex Bergantiños (marzo) e Luisinho (abril).

O premio ao xogador Estrella Galicia do mes é unha iniciativa do principal patrocionador do Real Club Deportivo, que cada mes, da man do Club, permitiu aos afeccionados elixir ao mellor xogador entre unha terna proposta polos xornalistas que diariamente cobren a información do Dépor.

Emre Çolak recibiu o trofeo de mans do responsable de Relacións Externas de Estrella Galicia, Ignacio Olavide.

Parabén Emre e feliz aniversario!

Máis novas de: EMRE ÇOLAK

RCD / Noticias Relacionadas