RCD / NOVAS

Entradas á venda na Coruña para o Raio-Dépor do domingo en Vallecas

26/08/2019 19:00

O martes 27 ás 16:30 h., nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, póñense á venda entradas postas a disposición polo Rayo Vallecano para o partido da terceira xornada de LaLiga SmartBank que se disputa en Vallecas o domingo 1 de setembro ás 18:00 h. (Movistar Vamos).

O propio martes até as 19:00, e mércores e xoves, até esgotar a dispoñibilidade, as entradas venderanse na avenida da Habana s/n de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.