RCD / NOVAS

Entradas á venda na Coruña para o UD Las Palmas-Dépor

05/10/2019 11:40

O luns 7 de outubro, nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, ponse á venda as entradas postas a disposición pola UD Las Palmas para o partido da 11ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio de Gran Canaria o domingo 13 de outubro ás 21:00 horas.

As entradas venderanse até o xoves 10 de outubro ás 13:30 horas na OAD (avenida de la Habana s/n), aberta de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Penas.