Entradas á venda na OAD para o Real Oviedo-Dépor con promoción de camisetas
Desde o mércores 20 de marzo, a Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) despachará as entradas dispoñibles para o partido correspondente á 32ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputará o domingo 31 de marzo no Novo Carlos Tartiere de Oviedo a partir das 18:00 horas (Movistar Partidazo) ante o Real Oviedo.
O prezo de cada entrada é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).
Os billetes estarán á venda nos seguintes horarios e localizacións, até esgotar localidades:
- Mércores 20 e xoves 21 na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. - Venres 22 no Palacio dos Deportes de Riazor de 11:00 a 21:00 h. - Sábado 23 na DéporTienda de Marineda City de 10:00 a 22:00 h. - Luns 25 en diante na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.
Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Peñas.
Ademais, todos aqueles Deportivistas que teñan a súa entrada para Oviedo poderán comprar, mostrando o ticket no interior da propia OAD ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City, o equipamento branquiazul (Alicerces 1906) ou vermella (Noite Meiga) ao prezo promocional de 50 euros.