RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para a ida da semifinal do playoff de ascenso: Dépor-Málaga en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo afronta esta semana o partido de ida da semifinal do playoff de ascenso a LaLiga Santander en ABANCA-RIAZOR. Visitará #ANOSACASA o Málaga CF o mércores 12 ás 21:00 h.

Para este partido, os 23.491 socios do Dépor poden facer uso do seu carné anual para acceder ao estadio, mentres que para o resto de Deportivistas haberá á venda entradas da práctica totalidade das bancadas de ABANCA-RIAZOR.

As entradas están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) luns e martes de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O mércores, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes e en Marineda City.

As entradas tamén poden comprarse online aquí