RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Albacete-Dépor a partir de mañá venres 17

16/01/2020 16:50

Os afeccionados deportivistas poden comprar desde mañá venres 17 de xaneiro ás 10:00 horas nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición polo Albacete Balompié para o partido da 25ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará no Estadio Carlos Belmonte o domingo 26 de xaneiro ás 16:00 horas.

As entradas estarán á venda até o xoves 23 de xaneiro ás 13:30 horas. A OAD, na avenida da Habana s/n, abre entre semana de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. As entradas tamén poderán adquirirse o domingo 19, día do encontro fronte ao Cádiz CF, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, a partir das 11:00 horas.

O prezo das entradas para a afección deportivista, situadas na Zona Marcador, é de 20 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Penas.