RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Extremadura con prezo único: 10 euros adultos, 5 euros nenos

As entradas para o partido da 35ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Extremadura UD están á venda en todos os puntos habituais do Real Club Deportivo. O encontro dispútase o domingo 21 de abril ás 16:00 horas. O prezo único das entradas é de 10 euros en todas as localidades dispoñibles, 5 euros para os menores de 15 anos. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 95 euros.

Ademais, os socios do RC Deportivo poden subir o nivel do seu asento e comprar entradas para a zona VIP "Área 1906" con desconto en función da bancada da que sexan abonados, con descontos de entre 10 e 35 euros sobre o prezo para público en xeral desta localidade especial do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Para adquirir calquera destas entradas, os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, á DéporTienda de ABANCA-RIAZOR de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h. ou á DéporTienda de Marineda City, en horario de luns a sábado, de 10:00 a 22:00 h. O xoves de semana santa (18 de abril) a DéporTienda de Marineda City permanecerá aberta.

O domingo 21, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí