RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas esgotadas para #ONosoDerbi. Horario de atención a socios e afeccionados o día de partido

Na mañá do sábado esgotáronse todas as entradas dispoñibles para o derbi galego do domingo 19 ás 18:30 h. en Riazor. Para atender a accionistas, socios e afeccionados, os despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor abrirán desde as 11:00 h. e ata o comezo do partido para a recollida de entradas compradas a través de internet e atender calquera incidencia que se produza con carnés, entradas e puntos de acceso do estadio.

Ás 16:30 horas, e ata que comece o choque, tamén abrirá as súas portas a Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor para a atención a accionistas e a entrega de entradas a colectivos.