RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas Teresa Herrera 2021

O domingo 8 de agosto de 2021 o Estadio ABANCA-RIAZOR acolle a IX Edición do Trofeo Teresa Herrera en categoría feminina: Dépor ABANCA-Valadares de Gaia FC (17:30 h.) e a LXXVI Edición do Trofeo Teresa Herrera en categoría masculina: Deportivo-SD Ponferradina (20:00 h.).

Polo momento, o RC Deportivo non coñece o aforo permitido polas autoridades para o evento polo que, inicialmente, ábrese exclusivamente o procedemento de petición/prerreserva de entradas para o Teresa Herrera.

As entradas para o debut de Os Nosos e As Nosas como locais na temporada 2021-2022 poderanse conseguir do seguinte modo:

- Ao ser partido con aforamento limitado non se poderá acceder ao Estadio con carné de temporada senón que será obrigatorio solicitar e ter entrada.
- A entrada será única, a mesma, para os dous partidos, non podendo reservarse por separado para cada partido do Teresa Herrera.
- Só poderán solicitar entrada, sen custo, persoas socias do Deportivo 2021-2022 que renovasen o seu carné antes do martes 3 de agosto ás 14:00 h.
- A posibilidade de ter entrada debe xestionarse, exclusivamente, en reservas.rcdeportivo.es
- Todas as persoas socias que renoven o seu abono entre a publicación desta información e o 3 de agosto ás 14:00 h. deberán esperar, polo menos, 12 horas antes de facer a petición de entrada en reservas.rcdeportivo.es, para que o seu abono renovado apareza no sistema de reserva de entradas como autorizado a poder solicitar invitación.
- Unha vez pechado o prazo de solicitudes e coñecido o aforo definitivo do Estadio para o Teresa Herrera, notificarase persoalmente a cada persoa peticionaria de entradas se dispón ou non dela e do procedemento, 100% telemático, para poder recibila, así como de todos os detalles para poder facer uso da mesma para o evento.