RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Está a facerse un gran proxecto", apunta Keko Gontán

Keko Gontán pasou por primeira vez pola sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrancar o adestramento diario do RC Deportivo.

O atacante deportivista asegurou estar "moi a gusto. Sorprendeume a amabilidade da xente pola rúa, na Coruña. E aquí no Club tamén súper a gusto. É un club moi familiar, cos rapaces moi a gusto. De momento inmellorable".

O ex xogador do Málaga CF, SD Eibar ou Real Valladolid, entre outros, chega a ABANCA-RIAZOR con "moitísima ilusión. Espero volver sacar ao mellor Keko".

Conta que a súa fichaxe polo Deportivo xurdiu "nos últimos días de mercado, o día 29, 30. Ao principio a operación era inviable. Logo empezaron a cadrar todas as cousas. O interese para min foi o máis importante porque eu o que necesitaba era recuperar confianza, sentirme querido nun sitio. No Dépor é onde máis podía ter esa situación".

Apunta o novo extremo deportivista que "se está facendo un gran proxecto. O grupo sempre foi bo. O raro era que estivesen onde estaban porque os xogadores eran bos".

Asina esta temporada e 2 máis porque "confío no proxecto. É un contrato medio e por parte de todos, se estamos contentos alargarase, se non estamos contentos terminarase antes. Como pasa sempre no fútbol. Os contratos non están asegurados. Sempre falamos de mercado a mercado. Se estás a funcionar ben; e se non o Club búscache unha saída. Isto os xogadores sabémolo e por iso hai que funcionar todos os días".

Keko deséxalles "o mellor aos compañeiros do Málaga CF", o seu anterior equipo desta mesma temporada: "Teño grandes amigos, hai grandes profesionais. Agora estou centrado no Dépor", apostila.

Aínda que apunta a un retorno a Primeira no horizonte, advirte que "despois da situación aquí hai un mes e medio, o que se necesita é a permanencia para este ano. Outra cousa sería enganarnos. Se se consegue a permanencia rápido, logo habería tempo para mirar máis aló, habería que ser ambiciosos. A día de hoxe hai que ir piano, piano".