RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Eva Dios finaliza hoxe venres a súa concentración coa selección española sub-19 en Marbella

Eva Dios pon hoxe venres punto e final á concentración coa selección española sub-19 na localidade malagueña de Marbella.

A futbolista branquiazul foi unha das 24 citadas polo seleccionador Pedro López.

Polos seus bos resultados, España quedou exenta de disputar a rolda de clasificación para o Campionato de Europa da categoría. Iso si, en xuño, en formato play off, debe disputar o pase á fase final do mes de xullo en Bielorrusia.

Eva Dios xa sabe o que é vestir a camiseta da selección española, posto que formou parte do equipo nacional que, no ano 2018, conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas disputado en Finlandia, sendo ademais elixida o quinteto ideal do torneo e mellor xogadora nova.

A selección española sub-19 xa contou con anterioridade con varias xogadoras do Deportivo ABANCA, como Nuria Rábano, Teresa Abelleira, Malena Mieres, Athenea del Castillo, María Méndez e Carlota Sánchez.