RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal Fajr, traspasado ao Getafe

O RC Deportivo, o Getafe CF e Fayçal Fajr (Rouen-Francia, 1 de agosto de 1988) chegaron a un acordo para que o xogador saia traspasado ao conxunto madrileño.

O centrocampista franco-marroquí, internacional cos 'Leóns do Atlas', aterrou na Coruña no verán de 2015, procedente do Elche Cf. Nas súas dúas campañas no Dépor, Fayçal disputou 66 encontros (62 en Primeira División e 4 en Copa), nos que anotou 5 goles, todos en Liga.

O RC Deportivo quere agradecer ao xogador a súa dedicación e profesionalidade nas dúas temporadas nas que defendeu a camiseta branquiazul e desexarlle moita sorte na súa nova etapa.