RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal inicia este luns a Copa de África con Marrocos

- Foto: www.frmf.ma -

O deportivista Fayçal Fajr inicia mañá luns 16 de xaneiro coa súa seleccion, Marrocos, a Fase Final da Copa de África Gabón 2017.

O seu primeiro rival na Primeira Fase será o Congo DR, ás 20:00 (hora local) no Stade d'Oyem, na cidade de Oyem (Gabón).

Fayçal está concentrado co seu equipo nacional desde o pasado 28 de decembro, para unha competición que ten este calendario para Marrocos:

Luns 16 de xaneiro de 2017
20:00: CONGO - MARROCOS

Venres 20 de xaneiro
20:00: MARROCOS - TOGO

Martes 24 de xaneiro
20:00: MARROCOS - COSTA DO MARFIL

Os dous primeiros de cada grupo acceden aos cuartos de final.