RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia comezou esta mañá a realizar tarefas co grupo

Fede Cartabia comezou hoxe domingo a realizar tarefas co grupo de xogadores que onte sábado non saltaron de inicio no Sadar ante o CA Osasuna. O atacante arxentino dá pois un paso adiante na súa recuperación a 7 días da seguinte cita ligueira, a visita do Extremadura UD a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 21 de abril (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Para este grupo, esta mañá tamén coa meta canteirán Ricardo Benjamim, houbo un quecemento con balón, rondos, un exercicio de posesión e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Os futbolistas titulares ante o CA Osasuna saltaron ao céspede para realizar unicamente carreira continua e retiráronse aos vestiarios para tarefas de recuperación: ximnasio, baños de contraste (fría-calor) e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Adestráronse á marxe do grupo Krohn-Dehli, Carlos Fernández e David Simón.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o martes 16 de abril ás 11:00 na Cidade Deportiva.