RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Estou súper orgulloso de dirixir a estes rapaces"

Fernando Vázquez aceptou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "ao equipo pódeselle tachar un pouco de conservador. Iso a culpa é do adestrador. Pero o equipo acepta a competición tal e como se expón, como se planifica. E a min iso paréceme incrible, impresionante. Estou súper orgulloso de dirixir a estes rapaces".

O técnico deportivista ademais manifestou que o público "é impresionante. Ver ABANCA-RIAZOR así... Parece que estamos a xogar outro tipo de competición. Non me quero imaxinar a ABANCA-RIAZOR como estaría após gañar".

Vaise cun sabor "amargo" tralo empate: "2-0. Tivemos ocasión para o terceiro. Pensaba que iamos aguantar. A verdade é que en xogo dinámico aguantamos pero empatáronnos dunha falta e dun penalti parvo".

Tamén se referiu á actuación do colexiado, que por exemplo non expulsou a Stuani por unha cotenada: "Tiña sensacións un pouco raras. A Merino pitáronlle unha falta no primeiro tempo cando lle fixeron... A Çolak tamén. Non estou a dicir que empatamos por iso. Teño unha sensación de que non estás tranquilo. Parecíame que as faltas eran case todas en contra. Empatamos. Non batemos a marca tan ansiada pero conseguimos 1 punto. Dámolo por bo".

Pola súa banda, José Luis Martí, adestrador do Girona FC, indicou que "nos atopamos moi pronto por detrás no marcador ante un rival moi ben ordenado, moi ben replegado, moi ben colocado; sen deixarnos espazos. Precipitámonos ao non ter paciencia para circular o balón dun sitio a outro. Repetimos demasiado por dentro. Co 2-0 volvémonos uns pouco tolos. Pero logo volvemos a centrarnos, a ter ese manexo de balón. E chegou o empate que creo que é merecido polo que se viu no terreo de xogo".