RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "O equipo vai durmir cunha sensación marabillosa; e o adestrador tamén, claro"

Fernando Vázquez subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "cando un equipo remonta nos últimos minutos un marcador adverso é un estalido de alegría e de ilusión. O meu equipo está así nestes momentos".

Na súa opinión, esta segunda vitoria consecutiva significa que "agora temos 44 puntos e que agora nos faltan 2 partidos para conseguir a permanencia do Dépor, que era o obxectivo para o que vin aquí. Significa sumar e que o obxectivo sexa máis próximo".

Explica así o encontro ante a SD Ponferradina: "Saímos a controlar, a esperar o contraataque ante un equipo que nos ía a poñer en dificultades porque o está facendo dunha forma sinxela pero mete en problemas a todos os equipos. No primeiro tempo tivemos certas opcións. Tampouco estivemos hoxe moi frescos. Ao equipo faltoulle certa faísca con respecto a outros partidos, a pesar de que tivemos 4 días de descanso. A min no primeiro tempo non me pareceu un partido complicado. Vin bastante fácil penetrar por fóra, víao con posibilidades. Na segunda parte afundímonos atrás, inconscientemente; e o equipo rival presionábanos alto e non tiñamos capacidade suficiente para saír e facer algunha contra. Fannos o gol. Antes xa tiña preparado cambiar ao equipo. Iso dificultou un pouco que os cambios do equipo funcionase. E non funcionou porque os carrís de Mollejo e Hugo estaban mellor tapados, cousa que co 0-0 seguro que non ocorrería. Iso impediu reaccionar con máis forza. Ao final conseguimos remontar e iso foi o que pasou".

Recalca Fernando Vázquez que "temos un gran grupo. Estou orgulloso do equipo que teño, do grupo que teño; e a relación xogadores, fisios, adestradores, médicos, utileiros é extraordinaria porque saben o importante que era este partido após gañar ao Elche o outro día. Se o outro día tiñamos un pelín de osíxeno agora o equipo vai durmir cunha sensación marabillosa; e o adestrador tamén claro".

Considera o adestrador branquiazul que pensar no playoff de ascenso sería "inapropiado, vanidoso, falto de humildade. Ademais pensar así non creo que ao equipo significáselle nada positivo. Imos ser prácticos. Unha vez que cheguemos a 50 puntos, non nos imos a parar e ir de vacacións. A partir de aí poderiamos perseguilo. Pero de principio o obxectivo hai que telo claro, hai que ser consecuentes".

Pola súa banda, Jon Pérez Bolo, técnico da SD Ponferradina, cre que o resultado "é un pau moi duro porque o Deportivo non atopaba ningunha posibilidade de empatar o partido; e encima estábanse poñendo nerviosos. Non lles concedemos nada porque estabamos a facer un gran traballo. Nun córner, nun balón parado, fixémonos o gol en propia meta. Co 1-1 volvemos a ir cara arriba. Nos poucos minutos que quedaban tivemos unha ocasión moi clara que nola sacaron. E na última xogada do partido defendemos mal, váisenos un xogador pola liña de fondo, saca pase atrás. Quedóuselles o balón e metéronnolo".

Subliña que "é un pau moi duro pero síntome orgullo dos meus xogadores, do meu equipo, do partido que fixo. Ímonos fodidos pero ¿que pero voulles a poñer aos meus xogadores? Non podo máis que darlles un abrazo e dicirlles que isto é o camiño".