RCD / NOVAS

Gaku mídese con Xapón a Mongolia e Tadxiquistán neste mes de outubro

05/10/2019 12:17

Gaku Shibasaki enfróntase neste mes de outubro a Mongolia e Tadxiquistán en partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia de China 2023.

O primeiro destes encontros, ante Mongolia, será no Saitama Stadium en Xapón o xoves 10 de outubro (19:35 hora local, 12:35 en España).

E o martes 15, a selección nipoa visita a Tadxiquistán no Estadio da República Central da capital Dusambé (17:15 hora local, 14:15 en España).

Por conseguinte, Gaku causará baixa para a visita do Dépor ao Estadio Gran Canaria do domingo 13 de outubro (21:00 hora peninsular, #Vamos); do mesmo xeito que o resto de internacionais branquiazuis citados neste mes de outubro: Montero, Mollejo e Lampropoulos. 

Montero, citado pola selección española sub-21

A selección española sub-21 convocou ao deportivista Javi Montero para dous partidos neste mes de outubro.

Serán o xoves 10 de outubro en Córdoba ante Alemaña de carácter amigable (19:45 horas); e o martes 15 en Podgorica (Montenegro) fronte a Montenegro (19:45 h.), clasificatorio este para o Campionato de Europa da categoría.

Mollejo acode este luns á chamada da sub-19

Pola súa banda, Víctor Mollejo concentrarase coa selección española sub-19 que dirixe Santi Denia para disputar o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia) entre o 8 e o 14 de outubro, e buscar o pase á Rolda Elite.

O atacante branquiazul debía incorporarse inicialmente hoxe sábado 5 de outubro á concentración da selección, para viaxar a Belgrado mañá domingo 6, pero a dirección deportiva da selección, atendendo á solicitude efectuada pola dirección deportiva do Club, autoriza a súa incorporación após o partido de mañá domingo 6 ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería.

O calendario dos partidos de España é o seguinte:

Martes 8 de outubro
12:00: ESPAÑA - LITUANIA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Venres 11 de outubro
14:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Luns 14 de outubro
14:00: SERBIA - ESPAÑA, no Center de FA Serbia, en Stara Pazova

Lampropoulos, con Grecia

E finalmente, Vasileios Lampropoulos foi convocado por Johnny van't Schip para os dous próximos partidos da selección grega. 

Os encontros, clasificatorios para o Euro 2020, dentro do grupo J, serán o 12 de outubro fronte a Italia en Roma e o día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas.

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI