RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku regresa ao Dépor tralo seu paso pola selección de Xapón

Gaku adestrouse esta mañá por primeira vez co Deportivo tralo seu paso pola selección de Xapón.

Despois dunha longa viaxe desde Birmania de máis de 24 horas e de dous partidos case completos, un deles oficial, nunha marxe de 6 días, o internacional deportivista saltou ao céspede de ABANCA-RIAZOR esta mañá con todos os seus compañeiros pero só realizou carreira continua e o quecemento de rigor. A continuación, o centrocampista branquiazul retirouse aos vestiarios para seguir con tarefas de recuperación cos fisioterapeutas do primeiro equipo.

Tamén se adestraron á marxe do grupo Borja Valle, Somma, Nolaskoain e Longo.

Anquela dirixiu un exercicio táctico baseado nun partido 11 contra 11, con constantes instrucións a cargo do técnico deportivista aos seus xogadores.

Os fabrilistas Mujaid, David Sánchez, Javi Sánchez, Gandoy e Valín adestráronse esta mañá co primeiro equipo.

Mañá venres, o Deportivo regresa a Abegondo para unha sesión matinal que arrancará ás 10:30 horas.