RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku xogou hoxe completo o Myanmar-Xapón, resolto con triunfo nipón

O deportivista Gaku Shibasaki finalizou a concentración con Xapón con motivo de dous partidos internacionais.

Hoxe martes 10, a selección nipoa visitou a Myanmar [Birmania] no Thuwunna Stadium de Rangún, con motivo da segunda rolda de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 e a Copa de Asia China 2023.

O triunfo foi xaponés (0-2), con Gaku sobre o céspede todo o encontro.

O pasado xoves 5, a selección nipoa impúxose (2-0) nun amigable a Paraguai, coa Kirin Challenge Cup en xogo. O choque disputouse no Kashima Soccer Stadium.

O centrocampista do Dépor tamén foi titular e foi relevado no minuto 76 por Ko Itakura.

Gaku Shibasaki ten previsto chegar á Coruña este xoves 12 de setembro á primeira hora da mañá.