RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gandoy lembra o obxectivo cumprido: "Coller sensacións, tocar o balón, xogar contra un rival aínda que sexa de menor categoría"

Yago Gandoy atendeu aos medios de comunicación no campo da Magdalena de Vilalba, nada máis concluír o primeiro amigable desta pretemporada do Dépor.

Lembra que o obxectivo destes amigables de pretemporada é "coller sensacións de fútbol, tocar o balón, xogar contra un rival aínda que sexa de menor categoría. Sempre compiten. Xa vistes que na primeira parte atascóusenos un pouquiño. Na segunda puidemos abrir o marcador e quedamos 0-3".

Explica o futbolista coruñés que Fernando Vázquez o empregou en varias posicións durante o encontro: "A miña posición natural é de mediocentro. Todo o mundo sábeo. Na primeira parte púxonos a Nacho e a min de interiores, un pouco tirados a banda. En defensa defendendo ao lateral e en ataque pedíanos que nos viñésemos ao medio. Complicóusenos. É un sistema que temos que seguir traballando. Na segunda parte estiven máis cómodo. É a miña posición natural".

Insiste Gandoy en que "para min isto é un soño. Son da Coruña, galego e calquera xogador que empeza desde alevín quere xogar no Deportivo. Aínda que esteamos en Segunda B o Deportivo é o Deportivo. É un club moi grande en España, en toda Europa. Eu estou encantado e vou sumar os máximos minutos posibles para axudar ao equipo a regresar á categoría que se merece".

Cualificou de xogador "espectacular" a Celso Borges, a súa parella no mediocentro durante a segunda metade na Magdalena: "Leva adestrando 2 ou 3 días e marcou un gol, e deu outro disparo ao pau. É un xogador moi importante".

En canto á categoría, a Segunda División B na que militou unha temporada, o mediocentro deportivista opina que "é moi competitiva. Non hai que deixarse levar polo noso favoritismo. Tanto os galegos como os salmantinos son bos equipos. Hai que pelexar moito".