RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "O equipo demostra bo xogo, orde, moitas cousas boas"

Gaizka Garitano descartou que haxa un problema mental no Dépor, despois de caer noutro partido nos últimos minutos: "Un equipo que cre que lle van a saír mal as cousas non xoga como xogamos nós aquí hoxe".

Subliña o técnico deportivista que "o equipo fixo un gran partido outra vez. É certo que a historia se repite. Moitas veces perdemos o partido ao final".

Para remedialo, o adestrador branquiazul pide "seguir traballando. O equipo demostra que ten bo xogo, que ten orde, moitas cousas boas, pero de momento parece que non é suficiente para gañar un partido fóra de casa".

Conclúe Garitano que "sacamos pouca recompensa do que facemos ben, que é moito".