RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Voume nada satisfeito co resultado"

O adestrador deportivista, Gaizka Garitano, mostrouse descontento co empate ante o Villarreal porque foi "outro día máis que estamos preto de gañar pero non gañamos".

"Xogamos contra un bo equipo e valoro moito o partido que fixemos, pero non estou contento co resultado", subliñou Garitano, que analizou sobre o partido que "non houbo moitas ocasións claras, pero as dúas ou tres máis claras foron nosas".

O técnico branquiazul mostrou dúas caras na análise do traballo realizado polo seu equipo. "Por unha banda estou contento, con todas as baixas que tiñamos, e tal e como estaba o equipo, coa actuación que fixemos. Pero vou a casa nada satisfeito co resultado", comentou. "Ao final, outro día máis que estamos preto de gañar pero o certo é que non gañamos", resumiu.

Sobre o desenvolvemento do xogo, Garitano destacou que "houbo fases nas que non puidemos apertar todo o arriba que quixésemos, aparte non se pode apertar arriba ao Villarreal durante 90 minutos".

Pola súa banda, Fran Escribá, técnico do Villarreal, descartou que o seu equipo fose conformista aínda que recoñeceu que ante "a sensación" de non poder darlle "un cambio de velocidade" preferiron tratar de manter o punto conseguido.

"Non tivemos moitas ocasións ningún dos dous equipos. Satisfeito non é a palabra, pero vimos que non había opcións. A sensación era de que non iamos poder darlle un cambio de velocidade ao partido para gañalo", afirmou.