RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Germán Lux, xogador Estrela Galicia do Dépor no mes de febreiro

O porteiro do Dépor, Germán Lux, foi elixido os afeccionados branquiazuis como o xogador Estrela Galicia do mes de febreiro ao acumular case a metade dos 3.040 votos recibidos en Twitter (48% Lux, 30% Çolak, 22% Juanfran) e máis da metade dos 285 votos en Facebook (52% Lux, 21% Çolak, 27% Juanfran).

Deste xeito, Germán Lux entra na terna de futbolistas que polo momento recibiron o galardón: Emre Çolak (setembro, outubro e xaneiro) e Florin Andone (novembro e decembro).

Poroto Lux disputou 15 partidos esta temporada, acumulando 1.350 minutos, realizando 40 paradas (moitas delas determinantes no resultado final do partido) e encaixando 22 goles.

O capitán branquiazul deu as grazas polo premio e polo recoñecemento a toda a afección que votou, desexando celebralo cunha vitoria o vindeiro domingo no derbi galego.