RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guía para o Mundial de Rusia 2018 en clave deportivista

Os xogadores do Dépor que contan con máis opcións de estar presentes na cita do próximo verán en Rusia xa coñecen o seu calendario de partidos da primeira fase, segundo o sorteo realizado o pasado venres en Moscova.

Celso Borges arrinca con Serbia e finaliza con Suíza

Celso Borges, capitán do Dépor e de Costa Rica, ten este calendario de partidos do grupo E:

Domingo 17 de xuño
14:00: COSTA RICA - SERBIA, en Samara

Venres 22 de xuño
14:00: BRASIL - COSTA RICA, en San Petersburgo

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, en Nichni Novgorod

Duro arranque para Schär, ante Brasil

O central do Dépor, Fabian Schär, indiscutible no centro da zaga suíza, inicia o torneo no grupo E ante unha das favoritas, Brasil. O seu calendario é o seguinte:

Domingo 17 de xuño
20:00: BRASIL - SUÍZA, en Rostov

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, en Kaliningrado

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, en Nichni Novgorod

Rival alcanzable para o primeiro partido da Uruguai de Fede Valverde

O centrocampista branquiazul Fede Valverde debutará en Rusia con Uruguai fronte a Exipto. Este é o seu calendario de partidos, no grupo A:

Venres 15 de xuño
14:00: EXIPTO - URUGUAI, en Ekaterimburgo

Mércores 20 de xuño
17:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, en Rostov

Luns 25 de xuño
16:00: URUGUAI - RUSIA, en Samara

Tytoń, na recámara de Polonia, que debuta ante Senegal

O meta Przemysław Tytoń está na recámara de Polonia, cuxo primeiro rival será Senegal. O calendario de partidos dos polacos, encadrados no grupo H, é o seguinte:

Martes 19 de xuño
17:00: POLONIA - SENEGAL, en Moscova

Domingo 24 de xuño
20:00: POLONIA - COLOMBIA, en Kazán

Xoves 28 de xuño
16:00: XAPÓN - POLONIA, en Volgogrado

Francis, con Nixeria, acaba a primeira fase fronte a Arxentina

Nixeria, na que xa debutou o fabrilista Francis, finaliza a primeira fase no grupo D ante Arxentina, unha das favoritas. O calendario de partidos é o seguinte:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, en Kaliningrado

Venres 22 de xuño
17:00: NIXERIA - ISLANDIA, en Volgogrado

Martes 26 de xuño
20:00: NIXERIA - ARXENTINA, en San Petersburgo

Bélxica será a primeiro rival de Panamá e o fabrilista Ismael Díaz

Bélxica será o primeiro rival de Panamá no grupo G. Cos panameños podería estar o fabrilista Ismael Díaz. O seu calendario de partidos é o seguinte:

Luns 18 de xuño
17:00: BÉLXICA - PANAMÁ, en Sochi

Domingo 24 de xuño
14:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nichni Novgorod

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, en Saransk