RCD / NOVAS

Héctor confía en dar a sorpresa en Mallorca

A pesar do adverso do resultado (2-3 en Riazor a favor dos baleares) e da exhibición de xogo mallorquino, o vestiario branquiazul vai tentar dar a sorpresa en Palma. Así o indicou Héctor, un dos xogadores máis en forma do Deportivo: "Estamos confiados en poder dar a volta ao partido e xogar a final outra vez", comentou o lateral almeriense.

03/03/2003 14:17

Iso si, Héctor non se fía do momento delicado que atravesa o Mallorca na liga, aínda que recoñeceu que os rojillos "non lles están saíndo ben as cousas agora". Héctor, titular indiscutible agora en Riazor, expresou o seu desexo de seguir traballando "e seguir gañándose así a confianza do míster".

Máis novas de: HÉCTOR

RCD / Noticias Relacionadas

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

07/12/2004 13:39 |

Héctor:
"Quero gañar pola nosa afección"

O lateral andaluz Héctor perfílase como titular na banda dereita do Deportivo. El quere "gañar ao Mónaco pola nosa afección" e, así mesmo, indicou que de non ser o Dépor, "dáme igual quen pase á seguinte fase". Respecto dos fallos que o equipo está a ter en defensa, Héctor di que "o que xoga decídeo o adestrador e eu non son quen de dicir se debo de xogar ou non".

18/11/2004 20:22 |

Héctor renovou o seu contrato dúas tempadas máis

Héctor Berenguel pasouse hoxe pola tarde para selar a súa continuidade dúas tempadas máis -ata xuño de 2007- no Deportivo. Este "segredo a voces", tal e como o cualificou Augusto César Lendoiro, "debeuse sobre todo á boa vontade e o bo facer tanto de Héctor como do seu axente, Sánchez Sabater". O Presidente deportivista agradeceu o traballo de Héctor desde a súa chegada ao club procedente do Sevilla e sobre todo "non crear problemas nos momentos duros".