RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Héctor pide tranquilidade e lembra que "seguimos dependendo de nós"

Héctor Hernández atendeu aos medios de comunicación concluído o partido en Langreo.

O lateral deportivista cre que o resultado "foi unha mágoa. Eles apenas inquietaron a área nosa. É verdade que cando meteron tiveron unha ocasión que salvou ben Lucho. Polo demais o partido estaba controlado. Tivemos varias ocasións, non as materializamos e ao final ímonos con esa sensación agridoce de non levarnos polo menos un punto deste campo".

Lembra a ocasión de Villares "moi clara" na primeira parte, "Miku na segunda parte tivo outra. Estaba a verse que o partido era un partido feo no que non había moitas ocasións. Unha pena ao final o resultado".

Describe así Héctor a acción que desnivelou o partido: "Foi un centro lateral. Tocou Borja Granero cara atrás coa mala sorte que lle caeu a eles. Puxeron o balón atrás e foi gol".

Pide tranquilidade após dous partidos disputados no grupo 1D da segunda fase e subliña que "seguimos dependendo de nós. Neste campo creo que só gañou o Burgos se mal non recordo. Non era un campo fácil para nada. Ímonos fodidos porque é unha derrota pero hai que estar tranquilos. Sabemos ao que xogamos. O domingo (19:00 ante o CD Numancia en ABANCA-RIAZOR) temos un partido importante no que imos ir a por o tres puntos".