RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Helena Torres e Cris, baixas por lesión no Dépor ABANCA de cara ao choque de mañá fronte ao RCD Espanyol

O Deportivo ABANCA viaxa esta tarde a Barcelona para visitar ao RCD Espanyol mañá domingo 18 de outubro ás 12:30 coa única ausencia obrigada das lesionadas Helena Torres e Cris, esta a consecuencia dunha escordadura de nocello sufrido na última xogada do adestramento de onte venres.

En rolda de prensa, Manu Sánchez pide "non obsesionarse con conseguir a vitoria. É importante, non é algo que teña que descubrir eu, pero paréceme máis importante non cometer os erros e axustar certos mecanismos que nos está custando. Vainos a achegar máis ás vitorias".

O equipo branquiazul adestrouse hoxe sábado por última vez en Abegondo antes do partido de mañá na Ciudad Deportiva Dani Jarque, correspondente á 3ª xornada na Primera Iberdrola.

O Dépor ABANCA ten esta folla de ruta:

Sábado 17 de outubro
14:30: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
16:15: Chegada aproximada a Barcelona e aloxamento no hotel Exe Parc del Vallés

Domingo 18 de outubro
12:30: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Dani Jarque
18:55: Saída do voo de Barcelona con destino Santiago
20:45: Chegada aproximada e traslado á Coruña

Finalizado o encontro, o Dépor ABANCA adestrarase de novo na Cidade Deportiva o martes ás 17:00 horas.