RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ian Mackay participa no aceso do Corte Inglés en apoio á loita contra o cancro de mama

O próximo 19 de outubro conmemórase o Día mundial contra o cancro de mama e, desde hoxe, El Corte Inglés da Coruña mostra o seu apoio á loita contra esa enfermidade cunha iluminación de cor rosa na fachada do seu centro da rúa Ramón e Cajal.

No acto de aceso, xunto ao director do centro, a Carlos Lamora, vicepresidente da AECC e Estíbaliz Díaz, investigadora bolseira pola Xunta Provincial da Coruña acto de aceso, estivo Ian Mackay, representando á Fundación RC Deportivo como símbolo da visibilización desta causa a través dos seus equipamentos de xogo nos últimos anos, sempre de cor rosa, agora defendendo as cores do Dépor.