RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Imos volver á solidez defensiva", di convencido Mujaid

Mujaid Sadick, central do Dépor, manifestou esta mañá, após recibir o premio como Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro, estar "moi contento por gañar este trofeo. A ver se con isto chegan os resultados e conseguimos salvar ao equipo".

O central deportivista recoñece que nos últimos partidos "encaixamos moitos goles; pero o equipo, o vestiario está tranquilo. A ver se podemos recuperar esa solidez defensiva".

Nesta liña, comenta que "cando te atreves a facer cousas, é normal que esquezas un pouco estar máis atento atrás. Imos volver á solidez defensiva atrás", insiste.

Preguntado sobre o partido a porta pechada deste sábado 14 de marzo en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (21:00 horas, Gol), cre que "non se debería xogar. Os afeccionados e os xogadores podémonos contaxiar. Se se xoga, tentar gañar", engade.

Aínda que é un prexuízo para os equipos que xogan no seu estadio sen público, como o Deportivo, apunta iso si que "lle compensa o feito de xogar a porta pechada un en ABANCA-RIAZOR e outro fóra".

Insiste en que prefire xogar con xente na bancada: "O afeccionado sairá a velo á rúa pero non é o mesmo que apoiar no estadio".

Do Sporting, destaca a súa "dinámica moi positiva, pero nós confiamos en nós mesmos e encima en ABANCA-RIAZOR. Haia xente ou non, cremos que imos sacar os 3 puntos".

Sobre Abdoulaye Ba, última incorporación deportivista, Mujaid compartiu cos medios de comunicación unha conversación que tivo nas últimas horas co ex fabrilista Joni Montiel, agora nas filas do Rayo Vallecano, equipo de procedencia do novo defensor branquiazul: "Díxome que era un bo central, forte, moi agresivo. Creo que nos vai a axudar".