Intensas primeiras xornadas para un Dépor ABANCA de estrea, con pousado fotográfico incluído hoxe xoves
Frenéticas primeiras xornadas para un Dépor ABANCA de estrea. O pasado martes, o renovado cadro deportivista someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán (electrocardiograma, analítica...), uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.
Onte mércores, o equipo presentouse en Abegondo nun acto privado ao que asistiu o Presidente do Club, Antonio Couceiro. A continuación, o cadro adestrouse por primeira vez no céspede da Cidade Deportiva, xa ás ordes de Miguel Llorente e o seu novo corpo técnico.
Hoxe xoves, o protagonismo foi para os medios de comunicación antes de arrincar o traballo diario no campo 5. Ás 17:00, no campo principal, houbo foto de familia de todo o equipo, das novas incorporacións posteriormente e, para concluír, do corpo técnico encabezado por Miguel Llorente.
A planificación semanal de adestramentos na Cidade Deportiva nesta primeira semana de pretemporada, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Xoves 29 de xullo
17:00 h.
Venres 30 de xullo
17:00 h.
Sábado 31 de xullo
10:30 h.
Domingo 1 de agosto
Descanso
O Deportivo ABANCA comezará a temporada en Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF a fin de semana do 4 e 5 de setembro en Abegondo ante o FC Barcelona B.