RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intenso traballo para os que non actuaron de inicio ante a Real Sociedad

Os futbolistas branquiazuis, ademais dos fabrilistas Edu e Nacho Monsalve, que onte non actuaron de inicio ante a Real Sociedad en Anoeta tiveron esta mañá en Abegondo un adestramento de alta intensidade, con rondos, finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Para os titulares en San Sebastián, o traballo sobre o céspede consistiu fundamentalmente en carreira continua e estiramentos.

Mañá martes, o cadro está citado en Abegondo ás 10:30 para un novo adestramento, con vistas ao encontro ante o Real Madrid deste mércores 26 de abril ás 21:30 (Movistar Partidazo).