RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Irureta, no Foro de Adestradores da UEFA

Javier Irureta asistirá os próximos 3 e 4 de setembro ao 4º Foro de Adestradores de Clubs de Alta Competición organizado pola UEFA. A reunión, que se celebrará en Nyon, contará coa asistencia dos técnicos de 16 clubs europeos, entre eles, os adestradores

No foro participarán os técnicos do oito clubs que chegaron a cuartos de final na tempada 2001-2002, isto é, ademais de Irureta, Del Bosque, Van Gaal, Ferguson, Houllier, Toppmoller, Fernando Santos e Hitzfeld. Ademais, Capello, Lippi, Heynckes asistirán por gañar a liga de Campións nalgunha edición desde 1994. Ancellotti, Koeman, Fatih Terim, Summers e Mourinho completan a lista, como técnicos de clubs que están na lista permanten dos 10 mellores segundo a UEFA.

No Foro debaterase sobre diversos temas de interese do fútbol actual. Así, o Gol de Ouro e a posibilidade de suspender a acumulación de Cartóns amarelos para a final da liga de Campións son puntos a tratar. Pero tamén falarán sobre a posibilidade de aumentar de 7 a 9 o número de xogadores no banco, do novo formato da Champions, os controis antidoping, a posibilidade de usar a un suplente máis en caso de prórrogas nos partidos, as novas normas en relación co balón e a posibilidade de unificar criterios para que o corte do céspede sexa igual en toda Europa.