RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí: "A mellor noticia é que o equipo depende de si mesmo"

José Luis Martí manifestou na sala de prensa do Estadio Martínez Valero de Elxe que "a mellor noticia é que o equipo depende de si mesmo" de cara á última xornada de LaLiga 1|2|3, en ABANCA-RIAZOR este sábado 8 de xuño (20:30 horas).

A pesar de non lograr unha vitoria que quizais fose o máis xusto, o técnico deportivista subliñou que se marcha de Elxe moi orgulloso dos seus futbolistas: "Desde que cheguei aquí demostráronme un esforzo, unha profesionalidade, unha calidade humana e futbolística en todos os sentidos. Todos os xogadores. Vós estades a ver os que teñen a gran sorte de que o míster os poña. Pero os que o míster non está a pór, adestrando son igual".

Xa de cara ao partido deste sábado en ABANCA-RIAZOR, Martí fai "un chamamento á afección para que nos apoie en todo momento, para que podamos ter a mellor entrada do que levamos de curso no estadio. E que podamos gozar dunha vitoria, sabendo que nos imos a enfrontar a un rival que nos vai a pór as cousas moi complicadas".