RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Josep Calavera uniuse esta mañá ao traballo de grupo na única sesión prevista para hoxe xoves

Josep Calavera foi a novidade no adestramento de hoxe xoves do Deportivo. O mediocentro branquiazul sumouse ao traballo de grupo após permanecer uns días con adestramento individualizado no seu domicilio por prescrición dos Servizos Médicos.

Hoxe, Calavera completou con normalidade unha sesión de baixa intensidade, con xogo reducido, fútbol tenis e rondos entre os campos 4 e 5.

Adestráronse á marxe Pablo Brea, Uche e Jaime, este debido a unhas molestias nos isquiotibiais. Advertiu Borja Jiménez en rolda de prensa que "estamos a ter moito coidado nos primeiros días para non ter ningún tipo de lesión. Habemos ir de moi pouquiño a ir aumentando as cargas. Con calquera xogador que teña unha mínima molestia somos moi prudentes. Preferimos que non faga unha sesión a que teña que perderse catro ou cinco".

Rolan e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF.

Pola súa banda, Valín permanece na súa casa con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Yeremay, Noel, Guille Bueno, Trilli, Brais Suárez, Iván Guerrero, Alberto e Juan Rodríguez son a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Finalmente, Derik Osede recupérase en Abegondo da lesión sufrida a temporada pasada apoiándose nos Servizos Médicos do Deportivo (médicos, fisioterapeutas, recuperadores...). Ao central madrileño referiuse o técnico deportivista ante os medios de comunicación: "É un magnífico profesional e é o momento de dicir que o comportamento que está a ter o Deportivo está á altura do profesional que é Derik. É un rapaz que tivo un compromiso moi grande o ano pasado, sufriu unha lesión importante e agora estamos a axudar a recuperala".

Mañá venres 23 de xullo, o Dépor cambia a súa rutina habitual e traballará pola tarde, a partir das 19:00 horas, en Abegondo.