RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juan Ángel Barros Botana despídese como delegado do RC Deportivo

Juan Ángel Barros Botana, "Barritos" (A Coruña, 18 de setembro de 1952) exerceu esta tarde en Viveiro por última vez as súas funcións como delegado do primeiro equipo do RC Deportivo. Após sopesar as diferentes alternativas expostas polo Club para continuar vinculado á entidade como delegado ou noutras funcións representativas, en condicións axustadas á realidade económica e deportiva da institución na actualidade, así como valorar tamén a xubilación por idade, Barros Botana decidiu solicitar a rescisión do seu contrato de traballo con efectos do día de hoxe nos termos legais aos que ten dereito após todos estes anos.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Juan Ángel Barros este tres décadas de traballo no Club desde que o 3 de febreiro de 1991, o Deportivo impuxésese ao Rayo Vallecano por 3-0, grazas a un triplete de Peio Uralde, con Barros por primeira vez como delegado. Desde entón, máis de 1.400 partidos oficiais, centenares de amigables e os mellores anos do Deportivo a nivel competitivo, todos os títulos oficiais e as vivencias de varias xeracións de Deportivistas están ligadas á presenza nos bancos do delegado branquiazul que hoxe deixa un Dépor que lle desexa a maior das felicidades na súa nova etapa vital ¡Grazas Barritos polo que representaches para o Deportivo e o Deportivismo no tres últimas décadas!