RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juanfran: "O normal é que no verán renove máis anos e siga aquí"

Juanfran atendeu aos medios de comunicación nada máis finalizar o adestramento de recuperación na Casa del Agua. Despois de chegar a primeira vitoria fóra de casa, mostrouse "moi contento. Necesitabamos moito gañar, gañar fóra de casa tamén. Demos un paso importante para estar máis tranquilos e para a permanencia".

Nesta liña, cre que este mércores ante o Betis (18:45, Bein Sports) é un encontro "importantísimo para dar un paso moito máis grande aínda".

Do Molinón, recoñece que non foi un partido "brillante. Pero o equipo soubo sufrir, soubo estar xuntos. Cousas que outras veces non se sabía facer. E sacamos un partido adiante moi difícil, nun campo que é bonito para xogar, con moita afección que foi apoiarnos. Que mellor que brindarlles unha vitoria".

A pesar da acumulación de encontros en poucos días, Juanfran apunta que "somos profesionais. Estamos preparados para xogar. Ao final é un pracer xogar cada tres días. Oxalá o ano que vén ou en anos seguintes podamos xogar cada tres días co Dépor. Eu vexo aos compañeiros ben. Hoxe recuperamos ben aquí na Casa del Agua. Seguro que imos estar ben".

Iso si, advirte que "non é normal que o Betis teña dous días máis de recuperación. É algo da liga. Non podemos meternos aí. Pero non nos favorece".

Falou claro sobre o seu futuro. Confesou un interese do Barça por ficharlle: "É un halago, é moito que se interese por ti un equipo como o Barcelona".

Pero asegurou que "vou acabar a temporada aquí. Non era o momento en xaneiro e moito menos agora para falar de irse a un lado ou a outro. No verán o barco chega a porto e logo no verán o máis normal é que renove aquí máis anos e siga aquí".