RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko asegura que "sentímonos responsables de que o ano non está a ir ben"e admite que "é un momento malo para nós"

Keko Gontán pasouse pola sala de prensa de Abegondo hoxe mércores.

O atacante madrileño é consciente que "os clubs de fútbol sempre funcionan en base aos resultados e estes son sempre os do primeiro equipo. Sentímonos responsables de que o ano non está a ir ben. Seguramente o que non haxa ir ben o ano a nivel deportivo é o que fixo que se tome a decisión de que o antigo Consello non siga".

Deixa claro que o vestiario "está centrado única e exclusivamente no partido do domingo", en ABANCA-RIAZOR ante o CD Guijuelo (17:00 horas, TVG).

Admite que os xogadores branquiazuis "estamos fodidos pola situación. É un momento malo para todos nós. Ningún pensabamos que iamos estar así nin en outubro pero nin sequera hai dúas semanas, cando estabamos a xogar co Salamanca ou antes do partido ante o Unionistas. Estamos fodidos. Non entendemos moitas cousas de nós mesmos sobre todo a nivel de resultados. Pero estamos todos xuntos, unidos e convencidos de que aínda o podemos sacar".

Confesa que está convencido porque "nos miramos as caras entre nós, vémonos adestrando día a día, a confianza que hai nos propios compañeiros, no grupo. Non empezamos a dubidar dos futbolistas que somos, si obviamente do rendemento que demos até agora. Non hai ningunha dúbida de que o domingo non se pode gañar e esa fe non pode faltar á hora de saltar ao campo de fútbol".

É máis, recoñece que esta situación "provoca certa ansiedade. Non quero enganar e dicir 'estamos tranquilos, todo isto lévase con tranquilidade'... O certo é que é unha situación fodida, somos conscientes diso e os resultados negativos sempre provocan certa ansiedade. Obviamente temos que utilizalo como empuxe".

Así pois, ademais nunha semana na que houbo unha substitución no Consello de Administración do Deportivo, cre Keko que "é momento que estamos tranquilos e centrados no partido do domingo; e non desviar a atención nin por un momento dese partido. Pechamos as portas no sentido de estar centrados no verde. E xa o domingo coa máxima motivación e as menores distraccións posibles".