RCD / NOVAS

Koné e Mujaid visitan esta tarde na Coruña a ONG Equus Zebra

29/01/2020 12:24

Os xogadores do Deportivo Koné e Mujaid visitan hoxe mércores ás 18:00 horas a sede da ONG Equus Zebra na rúa Entrepeñas, 47 da Coruña.

Ambos os futbolistas compartirán uns minutos cos membros desta ONG, que traballa pola integración de persoas con risco de exclusión social, especialmente nenos.

Koné e Mujaid coñecerán de primeira man o esforzo de Equus Zebra e asinarán autógrafos a nenos e maiores; nun acto que conta co respaldo da Fundación do Real Club Deportivo.

Máis novas de: MAMADOU KONÉ, MUJAID