RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lampropoulos regresa coa selección grega este mes de novembro

Vassilis Lampropoulos foi citado pola selección de Grecia para dous partidos oficiais, clasificatorios ambos para a Eurocopa 2020.

O combinado heleno visitará Armenia o venres 15 de novembro (21:00 hora local, 18:00 en España) no estadio Republican Vazgen Sargsyan da súa capital Yerevan; e, o luns 18 (21:45 hora local, 20:45 en España), recibe no Estadio Olímpico de Atenas a Finlandia.

A selección grega, xa sen opcións de clasificación directa, necesita gañar ambos os encontros para ter algunha posibilidade de disputar os playoffs.

Así pois, o central branquiazul será baixa obrigada para medirse co Dépor ao UD Extremadura, en partido correspondente á 16ª xornada prevista para o sábado 16 de novembro no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo (16:00 horas, Movistar LaLiga).

Gaku, fixo en Xapón

Gaku Shibasaki tamén foi convocado para dous partidos coa selección de Xapón.

O combinado nipón visita a Kirguizistán o xoves 14 no Estadio Dolen Omurzakov (17:15 hora local, 12:15 en España) da capital Bishkek. O choque é clasificatorio para o Mundial 2022 de Qatar e a Copa de Asia 2023 de China.

Así mesmo, o martes 19, Xapón recibe a Venezuela nun encontro amigable que se xogará no Panasonic Stadium da cidade de Suita, ás 19:25 horas (11:25 en España).

Así pois, Gaku tampouco estará a disposición de Luis César para o encontro en Almendralejo ante o Extremadura.