RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lección táctica esta mañá para o Dépor no Estadio ABANCA-RIAZOR

O Deportivo, cos fabrilistas Edu Expósito e o meta Álex Cobo, realizou esta mañá unha sesión táctica no Estadio ABANCA-RIAZOR, nun adestramento a porta pechada de pouco máis de hora e media de duración.

A tarefa principal foi un partido once para once a todo o campo. Como é habitual, Pepe Mel impartiu continuas instrucións e ordenou repetir accións puntuais.

Participou Carles Gil, que segue avanzando cara á súa recuperación; e Bakkali estivo á marxe do grupo, co readaptador Fran Molano.

Mañá xoves o equipo regresa a Abegondo, nunha sesión que arrancará ás 10:30 horas.