RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro: O lóxico é que salga un dianteiro

Ao termo da reunión da Comisión de Seguimento do Convenio de Riazor sostida esta mañá entre representantes do Deportivo e do Concello, o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, compareceu antte os medios informativos á saída do Palacio Municip

"Dado que imos un ano adiantados, porque a idea inicial era que Luque se incorporase este ano ao Deportivo tras facer estado cedido a campaña pasada no Mallorca, o lóxico é que salga un dianteiro agora", aclarou Augusto César Lendoiro.

O dirixente deportivista negou calquera interese do Valladolid pola meta Dani Mallo e por Pablo Amo, aínda que si asegurou que o Levante se ten certo interese polo novo gardameta coruñés. Tamén ratificou que Pablo Amo non entra na lista de transferibles: "queda no Deportivo". Sobre Quaresma, negou o presidente do Deportivo "un interese desmedido" polo xogador do Sporting de Lisboa. E ironizou sobre o interese do Barcelona: "Se cadra é o meu bo amigo Jorge Mendes (axente de Quaresma) o que fai que interese ao Barça".

Por fin, Lendoiro confirmou que nas próximas horas volverá viaxar a Madrid para asistir a reunións institucionais e a tratar temas de interese para o Deportivo.