RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lista de convocadas do Deportivo ABANCA para recibir mañá en Abegondo ao Rácing Féminas

O Deportivo ABANCA retorna á competición ligueira. Será mañá domingo 14 de outubro ás 12:00 en Abegondo ante o CDE Rácing Féminas, un dos equipos importantes da categoría que marcha actualmente en 4ª posición. O choque entre deportivistas e racinguistas corresponde á 5ª xornada.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

Manu Sánchez, técnico branquiazul, citou ás seguintes xogadoras: Malena, Miralles, Cris, Raquel, Laura, Miriam, Iris, Lía, Gaby, Peke, Teresa, Erika, Kika, Michelle Romero, Alba Merino e Nuria.

Aínda non está Yamamoto, a última fichaxe deportivista, que se incorporou esta semana aos adestramentos co grupo despois de superar unha lesión de xeonllo. A única ausencia obrigatoria, por lesión, é a de Silvia Mérida.

O Deportivo ABANCA é segundo na clasificación do grupo 1º de Segunda Nacional con 10 puntos, os mesmos que o CPM Friol CD Lugo. O Oviedo Moderno é líder do grupo con 12 puntos.