RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Listaxe de adxudicatarios das entradas para El Molinón

Hoxe martes 21 de febreiro de 2017 ás 14:00 horas procedeuse ao sorteo (automático e sen intervención humana) mediante a plataforma de pre-reserva de entradas do Real Club Deportivo de La Coruña SAD, das 700 localidades dispoñibles para o partido do próximo domingo día 5 de marzo de 2017 ás 12:00 horas fronte ao Real Sporting de Gijón no Estadio de El Molinón.

1.093 socios do Real Club Deportivo fixeron uso, ata as 13:00 h. do martes 21, como recollían as condicións de xestión, do sistema de pre-reservas de entradas. A plataforma xerou a seguinte listaxe de adxudicacións. Para cumprir coa Lei de Protección de Datos, unicamente publícanse os códigos de pre-reserva que cada socio recibiu no correo electrónico de confirmación. Os códigos dos adxudicatarios están agrupados polos milleiros do número de socio para facilitar a procura.

Todos os socios do Real Club Deportivo cuxo código de pre-reserva apareza nesta listaxe, poden retirar a súa/s entrada/s para o partido o mércores 22, xoves 23 e venres 24 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, na Oficina de Atención ao Deportivista, sendo imprescindible mostrar o DNI físico ou fotocopia dos destinatarios finais das entradas, sendo un deles o adxudicatario das mesmas.

A listaxe completa de adxudicatarios pode consultarse e descargarse aquí (Este listado tamén está publicado na Oficina de Atención ao Deportivista)

O luns 27 desde as 10:00 horas sairán á venda as entradas non retiradas polos adxudicatarios só para socios do Real Club Deportivo en venda libre e directa (neste caso tamén é imprescindible a presentación do DNI dos destinatarios finais das entradas, podendo retirar un máximo de dúas entradas por socio e podendo presentar cada socio un único carné no despacho). A dispoñibilidade destas entradas comunicarase pertinentemente a través das canles de comunicación do Club.