RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Longo, Rolan e o fabrilista David Sánchez entran na lista para recibir mañá ao Real Oviedo

Juan Antonio Anquela citou a 20 futbolistas para o debut ligueiro ante o Real Oviedo de mañá domingo 18 de agosto (18:00 horas) en ABANCA-RIAZOR. Todos eles concéntranse mañá mesmo para comer no Hotel Meliá María Pita.

Na convocatoria están Diego Rolán; Samuele Longo, este xa coa documentación en regra para xogar se o técnico deportivista considérao oportuno; e o fabrilista David Sánchez.

A única baixa obrigatoria é a de Pedro Sánchez, que ten un partido de sanción por acumulación de amoestacións do play off de ascenso da pasada temporada.

Esta mañá, na primeira sesión do dianteiro italiano na Cidade Deportiva, após un quecemento e uns rondos, o técnico deportivista dispuxo dun exercicio de finalizacións e un partido a metade de campo. Un último repaso de accións de estratexia puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Após o partido ante o Oviedo, o cadro adestrarase de novo o luns 19 de agosto ás 10:00 en Abegondo.