RCD / NOVAS

Lóxica derrota do Fabril ante un rival de superior categoría

11/08/2021 20:00

Lóxica derrota esta tarde do Fabril (1-3) ante o Bergantiños CF de 2ª RFEF, no primeiro do dous test complicados desta semana na Cidade Deportiva.

David Suárez, nos compases iniciais do partido, foi o autor do único tanto fabrilista.

Do mesmo xeito que nos partidos anteriores, Óscar Gilsanz repartiu minutos a todo o seu cadro, co obxectivo de coller rodaxe e ritmo de cara ao comezo ligueiro.

Trilli, Yeremay, Alberto e Noel, que se adestran cada día co primeiro equipo, foron baixa. Por contra, tiveron minutos Brais Val e Davo, que esta mañá tamén se exercitaron cos profesionais.

Fabril: Hugo Ríos, Iván Guerrero, Manu Berrocal, David Suárez, Juan Rodríguez, Mario, Víctor, Barba, Cambón, Nájera e Javi Sanmartín. Tamén xogaron: Quique Teijo, Urdiales, Dani Barcia, Brais Val, Nacho, Raúl, Seydiba, Padín, Fabio e Davo.

A próxima cita do Fabril será fronte ao CD Arenteiro, outro 2ª RFEF, o sábado 14 de agosto ás 11:30 en Abegondo.

O calendario de pretemporada do Fabril, que se irá completando nos próximos días, é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (David Martínez 'Davo') - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril - CD Arenteiro, sábado 14 de agosto, 11:30 h., Abegondo